Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ribeira Sacra, cun 80 por cento de ocupación para a ponte do 1 de maio

A Ribeira Sacra, cun 80 por cento de ocupación para a ponte do 1 de maio

As previsións de ocupación na Ribeira Sacra nesta ponte son un 16 por cento máis altas ca as do ano pasado

G24.gal 25/04/2023 21:08

Xa está reservado o 78 por cento das prazas dispoñibles na Ribeira Sacra. Son as previsións máis altas dos últimos anos, só superadas polo 2019. Para esta próxima ponte, os hoteis de catro e tres estrelas son os que marcan as ocupacións máis altas. 

O noventa por cento das prazas dos hoteis de tres e catro estrelas están xa reservadas na Ribeira Sacra. Case o oitenta por cento nas casas de turismo rural e vivendas turísticas e un 67 por cento das prazas dispoñibles en cámping e albergues.

"Son cifras que superan con moito os últimos anos e moi semellantes ás de 2019. Supéranas, porque estamos a falar de moitas máis prazas turísticas das que había daquela. Se contamos os 26 concellos que integran hoxe a Ribeira Sacra, estamos a falar de tres mil e pico prazas máis", explica Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra é un dos destinos preferidos en Galicia polos turistas. E esta ponte, se cabe, aínda máis. 

"Espérase un cen por cento, xa temos moitos días que están todos os cuartos reservados, o único que falta é o 1 de maio, que ao ser festivo o día 2 en Madrid esperamos tamén unha ocupación a tope. Agora mesmo creo recordar que está o noventa por cento, e o normal é que se reserven todos os cuartos", apunta Manuel García, recepcionista no parador de Monforte.

As previsións de ocupación na Ribeira Sacra nesta ponte son un 16 por cento máis altas ca as do ano pasado.

"Nós estamos moi contentos, digamos que é como unha continuación da Semana Santa. É unha ponte moi degorada porque ao ser festivo o día 2 en Madrid nós estamos ao completo sábado, domingo, e practicamente o luns estamos o completo tamén", di Santiago Villanueva, director do Balneario Iberik de Augas Santas.

As paisaxes, a viticultura e o patrimonio seguen a ser os principais reclamos da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade