Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os xabarís múdanse ao barrio coruñés de Vioño

Os xabarís múdanse ao barrio coruñés de Vioño

Polo día pasean tranquilamente e, polas noites, levantan o céspede na procura de comida

G24.gal 25/08/2023 14:44

Os xabarís seguen campando ás súas anchas pola Coruña. Nas últimas horas foron vistos, a plena luz do día, paseando tranquilamente polo parque de Vioño.

E xa pola noite, dedicáronse a facer das súas. Levantaron o céspede das zonas verdes na procura de comida. Todo apunta a que son os mesmos que días atrás entraron no aparcadoiro soterrado da rolda de Outeiro.

Vense a gusto polas zonas urbanas, polo que os expertos cren que, de seguir así, cada vez vai ser máis complicado botalos.

Quen frecuenta a zona tanto para pasear as súas mascotas como para levar os nenos ao parque infantil di ter medo a ser atacado.

Para evitar calquera problema, os expertos recomendan que, en caso de atoparse cos xabarís, o que hai que facer é chamar ao 112, poñerlle a correa as mascotas, manter unha distancia prudente e, sobre todo, non botarlles comida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade