Cargando resultados...
Os xogadores do Breogán celebran a vitoria na Radio Galega
O Galicia en goles pasou pola zona mixta do Pazo logo do encontro ante Bilbao

G24.gal
22/10/2022 21:10
Última actualización 22/10/2022 21:34
Tras dúas derrotas consecutivas, a ledicia tras o triunfo lucense ante o Bilbao era patente nos moitos xogadores breoganistas que pasaron polo micrófono de Alfonso Pardo.
Incluso falou o xornalista da Radio Galega con protagonistas do conxunto vasco como Emir Sulejmanovic ou o técnico Ponsarnau. Polo bando galego pasaron o técnico Mrsic, Tito Díaz e Sergi Quintela.