Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xogos máis demandados comezan a esgotarse

Os xogos máis demandados comezan a esgotarse

Triunfan tanto os xogos clásicos coma os máis novos

A covid tamén se deixa ver entre os xoguetes

G24.gal 20/12/2021 20:57

Estes son días de moita trasfega nas tendas que albergan a maior ilusión, a dos pequenos. As xogueterías énchense de xente supervisando os xoguetes solicitados a Papá Noel ou aos Reis Magos. Triunfan xa clásicos coma Peppa Pig e outros novos coma os Super Things e, ollo, xa comeza a haber ocos baleiros entre os produtos máis demandados. As tendencias deste ano comezan a esgotarse.

"O My little pig, que é un porquiño, está esgotado. Pasa o mesmo cos xoguetes de Pokémon, dos que xa non quedan existencias", explica unha vendedora.

Entre as bonecas hai moita demanda dos bebés que semellan de verdade, tamén de produtos novos como as Rainbow High ou as Na na na e a situación actual tamén se reflicte entre os clásicos.

"A covid tamén inflúe nos xogos de sempre, como o Nenuco. Agora xa veñen coa máscara e inciden na importancia do seu uso"

E dentro dos clásicos tamén están os Lego ou os Playmobil, aínda que nos estantes atopamos moitos dirixidos xa a adultos e nostálxicos. 

"Son grandes clásicos que seguen triunfando e dirixidos tamén aos adultos. Hai por exemplo o coche de Regreso ao futuro e pezas para montar de nivel máis avanzado".

Outra opción que nunca falla son os xogos de mesa. Xa sexan clásicos, renovados ou actuais, reúnen sorrisos e diversión a partes iguais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade