Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar López e Escrivá prometen os seus novos cargos ante o rei

Óscar López e Escrivá prometen os seus novos cargos ante o rei

Óscar López asume a carteira de Transformación Dixital e da Función Pública, que tiña o novo gobernador do Banco de España José Luís Escrivá

O ministro destaca a necesidade de que España lidere a transformación dixital, di que ten "moitas ganas" de falar e avisa: "Haberá para todos, tamén para a oposición" 

O rei, o presidente do Gobierno, o presidente do Tribunal Constitucional e os ministros de Presidencia e Economía posan xunto ao novo titular de Transformación Dixital e o novo gobernador do Banco de España tras prometeren estes os seus respectivos cargos en Zarzuela (EFE / Borja Sánchez-Trillo)
G24.gal 06/09/2024 10:15 Última actualización 06/09/2024 13:03

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública Óscar López e o gobernador do Banco de España José Luis Escrivá prometeron este venres os seus respectivos cargos ante o rei no Palacio da Zarzuela.

López foi o primeiro en formalizar a súa promesa no Salón de Audiencias ante un exemplar da Constitución, co presidente do Goberno Pedro Sánchez e o do Tribunal Constitucional Cándido Conde-Pumpido como testemuñas.

Nun segundo acto, celebrado a continuación, fíxoo Escrivá, tamén ante un exemplar da Carta Magna e sen presenza de símbolos relixiosos. Como establece o protocolo neste tipo de actos, o ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes Félix Bolaños exerceu como notario maior do Reino.

Ao termo das dúas promesas, o rei departiu de maneira informal coas autoridades no Salón de Audiencias. 

O novo ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, recibe a súa carteira de mans do titular saínte, José Luis Escrivá (EFE / Rodrigo Jiménez) O novo ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, recibe a súa carteira de mans do titular saínte, José Luis Escrivá (EFE / Rodrigo Jiménez)

Óscar López recibe a carteira de mans de José Luis Escrivá

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública asumiu a carteira do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública de mans do seu antecesor José Luis Escrivá.

No acto, destacou o papel do ministerio para que España lidere a transformación dixital e marcou como obxectivos prioritarios impulsar a intelixencia artificial, a Función Pública e as telecomunicacións. Para conseguilo, Óscar López pediu "axuda" ao seu novo equipo.

O novo ministro, que relevou en 2021 a Iván Redondo como xefe de Gabinete de Pedro Sánchez, recoñece: "Levo seis anos case sen falar en público. Os xornalistas intúen as
ganas que teño porque levo seis anos calado. Por tanto, haberá para todos, tamén para a oposición".

Escrivá  promete desempeñar o seu novo cargo coa "máxima responsabilidade"

Escrivá tivo palabras de agradecemento para os seus compañeros no Goberno e tamén para os funcionarios e traballadores do ministerio. Eloxiou o labor de Óscar López durante estes anos como xefe de Gabinete e mostrouse "convencido" de que fará un "traballo fantástico" á fronte do Ministerio.

"Os retos verdadeiramente apaixonantes e a axenda transformadora do Goberno en materia dixital e Función Pública quedan en boas mans", asegurou o gobernador do Banco de España.

Na súa conta de X (antes Twitter) Escrivá afirmou que é unha honra inmensa volver ao Banco de España, onde comezou a súa carreira profesional,  e promete que desempeñará a súa nova tarefa coa "máxima responsabilidade".

O nomeamento de Escrivá aparece publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado, o que lle permitirá asistir xa á reunión do Banco Central Europeo (BCE) prevista para o xoves día 12 na que se anunciará, previsiblemente, unha nova rebaixa dos tipos de xuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade