Ourense acada esta xornada unha temperatura máxima de 30 graos
Xornada de verán con sol e temperaturas altas para a época do ano
O protagonista destes días de lecer e un atractivo turístico máis en Ourense está a ser o termómetro. A pleno sol seguro que supera os 35 graos sen dificultade.
Cunha máxima prevista de trinta graos Ourense vive este Sábado de Gloria unha xornada máis típica do verán ca da primavera. O sol e as boas temperaturas acompañan dende ben cedo e iso nótase nas rúas.
Esta influencia anticiclónica continuará o domingo cando as máximas volverán superar sen problemas os 25 graos. Noutras localidades da provincia como Leiro poderían superar as marcas previstas na capital. Iso si, o contraste é forte coas mínimas, sobre todo nas zonas de montaña ou na Limia. En Ourense a oscilación pode chegar aos 20 graos entre o día e a noite.