Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense celebra a Festa dos Maios coa exposición das obras nas rúas e o canto das coplas

Ourense celebra a Festa dos Maios coa exposición das obras nas rúas e o canto das coplas

As figuras tinguiron de verde a zona vella da cidade

Música, coplas, xigantes e cabezudos completan a festa

G24.gal 07/05/2023 14:26 Última actualización 07/05/2023 14:55

Escenas da vida no campo, réplicas de construcións ou o inconfundible Carrabouxo. Os centos de maios que tinguiron de verde a zona vella de Ourense deron moito traballo pero os froitos son inmellorables, como amosan os milleiros de persoas que se achegaron a contemplalos. O musgo e os carrabouxos son os elementos máis importantes nas decoracións.

Cada maio vai acompañado das coplas. Unhas poesías, sobre todo satíricas, compostas polos propios autores dos maios e que poñen á venda para quen desexe recitar. Tamén se reparten coroas de flores e ramallos.

Xogos tradicionais, música de gaitas, e xigantes e cabezudos completan unha festa das máis queridas polos ourensáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos