Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colexios e asociacións apuran a elaboración dos maios en Ourense

Colexios e asociacións apuran a elaboración dos maios en Ourense

Estruturas vexetais e coplas sairán á rúa este domingo para enxalzar a primavera e a natureza

G24.gal 30/04/2024 14:10

Os maios tradicionais tan só se poden elaborar empregando elementos da natureza cos que se recubre a estrutura feita en madeira e tea de saco. Auténticas obras de arte efémero coas que se lle dá a benvida a primavera. Xunto a eles non poden faltar as coplas, creacións cargadas de retranca sobre a actualidade.

A rúa do Paseo de Ourense acollerá este domingo unha nova edición desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Tanto en colexios como en asociacións de veciños, culturais ou sociais apuran estes días o remate das estruturas vexetais mentres ensaian as coplas que cantarán e venderán na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos