Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ouro para o K4-500 con Arévalo e Germade, e bronce para Pablo Graña no C1-200

Ouro para o K4-500 con Arévalo e Germade, e bronce para Pablo Graña no C1-200

Antía Jácome logrou onte a medalla de prata no C2-500 nos Xogos Europeos de Piragüismo

Fonte COE
G24.gal 23/06/2023 15:33 Última actualización 23/06/2023 18:14

Nos Xogos Europeos de Piragüismo en Cracovia o K4-500 cos galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade lograron a medalla de ouro. Ucraína foi segunda e Serbia, terceira. 

Pola súa banda, o cangués Pablo Graña logrou a terceira praza no C1-200. O galego, que foi prata nos Europeos de 2022 en Múnic, foi terceiro no seu final cun tempo de 39.852, detrás do lituano Henrikas Zustautas, que se fixo coa vitoria (39.700) e o xeorxiano Zaza Nadiradze (39.796).

Onte, Antía Jácome xunto á madrileña María Corbera lograron a medalla de prata no C2-500 quedando por detrás das ucraínas, que conseguiron o ouro por unha escasa marxe.

Tras rematar a proba as dúas padexeiras dicían ter un sabor amargo por non conseguir o primeiro posto. Xa pensan no principal obxectivo do ano, o Mundial de Duisburgo en agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos