Outra carta bomba nunha fábrica de armas de Zaragoza
Outra carta bomba nunha fábrica de armas de Zaragoza
Os TEDAX detonaron de forma controlada o artefacto, sen que haxa que lamentar feridos
Ferido un empregado da embaixada de Ucraína en Madrid tras a explosión dunha carta bomba
A empresa de fabricación de armamento zaragozana Instalaza recibiu na tarde deste mércores unha carta de características semellantes á que estourou esta mañá na embaixada de Ucraína en Madrid.
Segundo explican fontes da Policía Nacional, os TEDAX detonaron de forma controlada o artefacto, sen que haxa que lamentar feridos.
Os especialistas están a recoller vestixios do paquete bomba para poder analizalos e determinar así que contiña o sobre exactamente.
Instalaza é unha empresa de armamento que emprega máis de 150 persoas en tres factorías situadas en Zaragoza e que exporta a súa produción a máis de 35 países.
A empresa fabrica en Zaragoza sistemas lanzafoguetes, granadas de man e dispositivos de visión nocturna.
Este mércores ao mediodía quedou ferido un empregado da embaixada Ucraína en Madrid ao recoller un sobre postal que contiña un pequeno explosivo de fabricación caseira.