Publicador de contidos
Publicador de contidos

Monas e ovos temáticos triunfan na Semana Santa

Monas e ovos temáticos triunfan na Semana Santa

Ao tradicional roscón xurdiulle a competencia de chocolates coas figuras de moda 

G24.gal 29/03/2024 13:54

Nin a chuvia nin as ringleiras de xente impiden que se cumpra coa tradición de mercar doces de Pascua. Un costume que comezou co tradicional roscón e que agora incorpora monas e ovos de chocolate coas figuras de moda do momento.

Aldara Durán, responsable da Panadería El Trigal, recoñece que antes os roscóns copaban as vendas, pero agora priman as monas e os ovos de chocolate temáticos: "Os unicornios son xa un clásico, levamos anos facéndoos e son sempre un acerto. Pero este ano os que mas vendemos son os de Super Mario Bros, Barbie e de fútbol, que é un valor seguro".

Agasallos para afillados ou para un mesmo... Non é doado resistirse a este arsenal de lambetadas.

Doces, chocolates e torradas de Pascua compensan o mal sabor do temporal Nelson que está a deixar a metade dos galegos sen saír da casa e comendo doces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade