Cargando resultados...
Pachi Vázquez presenta a súa candidatura por Pontevedra con Espazo Común Galeguista
Pachi Vázquez presenta a súa candidatura por Pontevedra con Espazo Común Galeguista
O líder do partido busca ser chave nestes comicios, apelando ao votante do centroesquerda galeguista
G24.gal
28/01/2024 16:44
Última actualización 28/01/2024 17:57
A formación que lidera Pachi Vázquez, Espazo Común Galeguista, presentou este domingo en Vigo a candidatura por Pontevedra. A coalición, da que forman parte exmembros do PSdeG ou de Compromiso por Galicia, busca ser chave nestes comicios, apelando ao votante do centroesquerda galeguista.
Segundo explicaba o líder da formación Espazo Común Galeguista, "sabemos que estamos sementando un proxecto de futuro para este país", co obxectivo de ofrecer "un piar de centro galeguista que defina o futuro do noso país".