Pagamento por contactless: rápido, cómodo pero con riscos
Pagamento por contactless: rápido, cómodo pero con riscos
O Banco de España recomenda tamén revisar os cargos da tarxeta de forma periódica e aconsella que activemos no móbil o sistema de notificacións por SMS
Coller o hábito de pedir copia do pagamento vainos permitir levar un control máis exhaustivo de todos os movementos que facemos.
O Banco de España recomenda tamén revisar os cargos da tarxeta de forma periódica e aconsella que activemos no móbil o sistema de notificacións por SMS para recibir a alerta nada máis realizar a compra, unha posibilidade que ofrecen a maioría dos bancos.
O pagamento con tarxeta, especialmente co sistema contactless, supón certos riscos, sobre todo cando se trata de cantidades inferiores a 50 euros.
Ao non precisar marcar o PIN, podemos ser vítimas dun erro do vendedor á hora de marcar a cantidade ou mesmo dun calote premeditado ao pagar unha cifra maior da que correspondería.
Por iso aconsellan aos consumidores verificar a cantidade que pon no datáfono antes de achegar a tarxeta ao dispositivo.
"Calquera persoa que a teña no seu poder poderá desenvolver infinidade de compras sempre que non supere ese importe de 50 euros e sen necesidade de identificarse", explica Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.