Publicador de contidos
Publicador de contidos

Page contra o pacto con Junts: "Se o pedise Vox, todo o mundo botaría as mans á cabeza"

Page contra o pacto con Junts: "Se o pedise Vox, todo o mundo botaría as mans á cabeza"

Euskadi tamén reclama o traspaso das competencias de inmigración

O Goberno reduce o acordo con Junts a "unha delegación de competencias" que haberá que concretar nunha lei orgánica

García Page considera "inadmisible" traspasar as competencias de inmigración
G24.gal 12/01/2024 14:31

O presidente de Castela-A Mancha endurece o ton contra o Goberno. O detonante foi o último pacto entre o Executivo e Junts per Catalunya para poder aprobar os reais decretos.

Emiliano García-Page avisa que "coas cousas de comer non se pode negociar" e defende que ningún Estado pode renunciar, baixo ningún concepto, á competencia de fronteiras", porque "é a expresión máis elemental da soberanía". Ata cando e para que? pregúntase o presidente socialista que, engade:

"Se isto o pedise Vox, todo o mundo botaría as mans á cabeza", pero advirte de que Junts o pide para o mesmo, e "iso non ten nada de progresista, é igual de reaccionario". 

O presidente de Castela-A Mancha agarda que o Goberno aproveite o seu retiro desta fin de semana na finca de Quintos de Mora, en Toledo, para "pensar e reflexionar sobre a súa relación cos independentistas cataláns", que, segundo di, "están propoñendo que o Executivo goberne con camisa de forza". Advirte Page que hoxe España "está nun labirinto sen saída".  

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, reduce o pacto cos de Puigdemont a "unha delegación de competencias" que aínda non ten letra pequena. As concrecións haberá que negocialas e plasmalas posteriormente "nunha lei orgánica" que debe ser aprobada por maioría absoluta. 

Non só Junts, quere xestionar as políticas migratorias. Euskadi tamén as reclama. O lehendakari, Iñigo Urkullu, lembroulle ao executivo que "a competencia sobre inmigración está contemplada no Estatuto de Autonomía e polo tanto é unha das materias que debe ser cumplimentada polo Goberno de España". A Moncloa di que si, que lle parece perfecta a reclamación. Pero as comunidades do PP levantan a voz en contra. Feijóo reúne a súa dirección en Toledo para concretar a ofensiva total que vai despregar o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade