Page súmase ás comunidades do PP en contra do financiamento singular para Cataluña
Page súmase ás comunidades do PP en contra do financiamento singular para Cataluña
Galicia, Valencia, Andalucía e Castela-A Mancha rexeitan de plano a proposta da Generalitat e esixen unha reforma para todos
Rueda agarda que o Goberno central non empregue a reunión deste luns como "coartada" para informar "de reparticións" de fondos "previamente acordados con comunidades autónomas concretas", en alusión velada a Cataluña
A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda comunicou aos gobernos autonómicos que recibirán en 2025 un total de 147.412 millóns de euros
A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, comunicou este luns aos gobernos autonómicos que recibirán en 2025 un total de 147.412 millóns de euros en conceptos de entregas á conta do sistema de financiamento autonómico, á vez que informou que as comunidades contarán con maior marxe fiscal para o período 2025-2027.
Este luns, desconfianza máxima entre os conselleiros e Facenda na xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira. As autonomías do PP miran de esguello a Cataluña. A presenza da responsable de Facenda da Generalitat non pasa desapercibida. É unha novidade. Cataluña asiste para falar do seu. E o seu pasa por un financiamento singular, ou o como din eles, queren a chave da caixa, pero, Natalia Mas nega que esa prosta vaia "contra ninguén".
ERC non cede e mantén a posición de máximos en plena negociación para a investidura de Salvador Illa. En fronte, as comunidades do PP tratan de neutralizar as posibles concesións. Murcía advirte que non "imos aceptar os restos" que queden tras a negociación con Cataluña. Esixen unha proposta de reforma do sistema e deixaranlle claro á ministra que non aceptarán concesións nin privilexios para Cataluña.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agarda que o Goberno central non empregue a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) deste luns como "coartada" para informar "de reparticións" de fondos "previamente acordados con comunidades autónomas concretas", en alusión velada a Cataluña.
En cambio, avanzou que "non consentirá" e "denunciará" se o Goberno central pretende falar de "reparticións previamente acordadas" e tratar o resto de autonomías como "convidados de pedra"
Críticas do PP ás que se suma Castela-A Mancha. O Goberno do socialista García-Page, cre que a proposta da Generalitat é "unha chantaxe que trae consigo un modelo inxusto e egoísta que o único que pretende son privilexios".
O Goberno quere evitar ese debate, de momento, e na a orde do día só incluíu falar da débeda e o déficit para os vindeiros tres anos. Queda por ver se acepta falar do cambio de modelo, como lle piden as comunidades populares.