Panaderías e pastelerías fan un apagamento de protesta polos prezos da enerxía e das materias primas

Din que o gasto en enerxía se triplicou nun ano e que o dos ingredientes se multiplicou por dous
Panaderías e pastelerías artesás volveron parar a súa actividade este martes cun apagamento simbólico. Un xeito de esixirlle ao Goberno unha rebaixa no IVE da luz e os carburantes.
Dende o sector aseguran que están asfixiados pola escalada de prezos; non só da enerxía, senón tamén das materias primas.
Baixaron o interruptor ás doce do mediodía, un cuarto de hora sen actividade coa que os panadeiros pretenden facerse oír.
As pequenas e medianas empresas do sector aseguran que viven unha situación dramática. Aseguran que cada vez lles é mais complicado cubrir os custos de produción.
Hai panaderías nas que se triplicou o prezo que pagan pola luz e nas que se duplicaron os prezos das materias primas como o azucre, a nata ou a manteiga.
Aplauden as medidas tomadas polo Goberno como a baixada do IVE nas fariñas e no pan, pero aseguran que non son suficientes e advirten do peche de 600 negocios.