Publicador de contidos
Publicador de contidos

Panamá chega a Galicia despois de empatar nun amigable ante Cataluña

Panamá chega a Galicia despois de empatar nun amigable ante Cataluña

Vendidas o 75 % das entradas para o Galicia-Panamá menos de 48 horas antes do choque

G24.gal 30/05/2024 13:51 Última actualización 30/05/2024 13:57

O combinado panameño aterrou esta mañá na Lavacolla liderado por Thomas Cristiansen. Acaba de medirse con Cataluña (2-2), onde recibiron o trofeo que estaba en disputa.

Panamá está preparando a súa presenza na Copa América.

Balaídos será unha gran festa do fútbol galego en vista do bo ritmo que está a levar a venda de entradas para o encontro do próximo venres que se disputará en Vigo.

Agora mesmo, preto de 15.000 localidades xa se despacharon na plataforma en liña, e só quedan pouco máis de cinco mil billetes dispoñibles para poder asistir a ese histórico Galicia-Panamá (20 horas, en directo TVG), menos de 48 horas antes do comezo do choque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade