Cargando resultados...
Pantón recupera a súa mostra de viños da Ribeira Sacra
Pantón recupera a súa mostra de viños da Ribeira Sacra
Oito adegas participan na feira, declarada de interese turístico
G24.gal
15/05/2022 18:43
Última actualización 15/05/2022 19:10
Tras a de Vilachá e a de Quiroga, esta fin de semana celebrouse a terceira feira do viño da Ribeira Sacra, a de Pantón. E este ano estréase como festa de interese turístico.
A vila acolle a 27 edición dunha mostra que levaba dous anos sen organizarse. Oito adegas da zona amosan o produto da última colleita, unha forma de coñecer e catar o viño que elaboran.
Ao encetar as botellas comeza a festa, godellos e mencías son os protagonistas. A clave do éxito destes caldos é a atención que lle prestan ao viñedo e a súa situación en plena Ribeira Sacra.