Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paralizar as renovables é paralizar Galicia, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Paralizar as renovables é paralizar Galicia, por Venancio Salcines

G24.gal 12/09/2024 08:03

Que o desenvolvemento da enerxía renovable en Galicia sofre unha parálise é evidente, é máis, para moitos estamos sufrindo unha lawfare, termo vulgarizado polos independentistas cataláns que implica accións xudiciais emprendidas como parte dunha campaña contra algo o alguén, neste caso, a política enerxética de Galicia.

De feito, a cuestión prexudicial que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia presentou ante o Tribunal de Xustiza de la UE tras o apoio do Tribunal Supremo á decisión da Xunta de xestionar simultaneamente procedementos de información pública durante a tramitación dos parques eólicos, obsérvase como unha estratexia de dilación. Neste caso do propio TSXG, que parece sentirse cómodo ante os procesos de paralización dos proxectos industriais.

O certo é que moitos verán nesta parálise un problema particular dunha serie de empresas, pero o tema ten máis transcendencia desde que existen, na nosa lexislación, os contratos chamados PPA, ou acordos bilaterais de compra de enerxía. Estes poden ser a longo prazo, pactando prezos, e son un instrumento clave para atraer industria a Galicia. Hoxe, estes acordos determinan investimentos, como o de Amazon, que elixiu Aragón para instalar un investimento multimillonario grazas a poder acadar acordos deste tipo con plantas da rexión.

Paralizar o desenvolvemento das renovables en Galicia é mais que impedir investimentos privados, é bloquear o noso desenvolvemento económico. E por que se fai? Terán que preguntarlle ao TSXG, eu non teño a resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade