Párano por exceso de velocidade e acaba detido por drogas
Párano por exceso de velocidade e acaba detido por drogas
A Garda Civil de Tráfico de Ourense interceptou un vehículo con 140 quilos de haxix no maleteiro
Nas próximas horas está previsto que o detido, un home de 42 anos e de nacionalidade marroquí, pase a disposición do xulgado en Ourense. Detivérono a raíz dun control rutineiro de velocidade que Tráfico tiña establecido na A-52 , ao se paso polo concello de Xunqueira de Ambía.
O exceso de velocidade non era moito para o tipo de vía, 135 quilómetros por hora, pero saíulle caro. No maleteiro os axentes atoparon catro fardos de haxix de grandes dimensións, cun peso aproximado de 140 quilos repartidos en paquetes dun quilo.
Tanto o detido coma o vehículo e a mercadoría están na comandancia da Garda Civil, á espera desa citación perante o xuíz. Descoñécese, polo momento, o destino da droga.