Parte da cidade de Pontevedra queda sen auga pola rotura dunha canalización
Parte da cidade de Pontevedra queda sen auga pola rotura dunha canalización
A avaría rexistrouse arredor das 14:40 horas deste domingo e resolveuse unha hora máis tarde
A rotura dunha canalización á altura do Estado da Xuventude, en Pontevedra, deixou unha parte da cidade do Lérez sen auga, especialmente nas zonas altas e nos pisos máis elevados, debido á falta de presión.
Segundo confirmou o Concello, a avaría rexistrouse arredor das 14:40 horas deste domingo, e a empresa concesionaria puido restablecer o abastecemento case unha hora máis tarde, ás 15:30.
Para poder liquidar a incidencia, illaron o cano que estaba roto e deron subministración por outras canalizacións. Por mor da incidencia, parte do Camiño Vello de Castela viuse asolagado, onde rompeu a tubaxe, e ao coincidir coa preamar, tamén se inundou unha casa de planta baixa.