Cargando resultados...
Participación histórica de máis do 67 % nas eleccións galegas
Participación histórica de máis do 67 % nas eleccións galegas
Son 18 puntos máis ca nos comicios do 2020
G24.gal
18/02/2024 22:01
Última actualización 18/02/2024 22:14
As eleccións galegas rexistraron este domingo unha participación histórica dun 67,21 %. Son 18,25 puntos máis ca nos comicios de 2020.
Nestas autonómicas do 18 de febreiro, a abstención foi dun 32,78 %, a máis baixa da democracia nunhas eleccións galegas.
Por provincias, Lugo foi a que rexistrou unha maior afluencia ás urnas, cun 69,76 % de participación. Seguiuna Ourense, cunha participación do 68,78 % do electorado.
En Pontevedra, o 67,31 % dos electores acudiron a votar este domingo.
A provincia con menos participación foi A Coruña, cun 65,99 % de participación.