Publicador de contidos
Publicador de contidos

Patente galega para evitar que os vehículos circulen por prohibido

Patente galega para evitar que os vehículos circulen por prohibido

O inventor é un veciño de Laxe, e a proposta é un sistema de baixo custo, pero que podería evitar equivocacións e reducir moito os accidentes de tráfico

G24.gal 17/08/2023 14:50

Non sabemos se o que o inspira é esta paisaxe da Costa da Morte, pero si que Xosé Manuel Pato xa vai pola terceira patente. Coñeciámolo por este sistema de protección de peóns. Desta vez o que buscaba era unha solución para evitar que os vehículos se metan por dirección prohibida.

"Un tipo despistado, unha alcolemia, un kamikaze, ao topar esta barreira, impide que poida acceder", explica o inventor Xosé Manuel Pato.

O sistema acaba de ter a luz verde do rexistro de patentes.

"Cando pasas co coche en sentido correcto o material cede e non produce ningún dano, pero se pretendes entrar por dirección prohibida vas topar o impedimento físico", engade,

Unha simple cuña, no sentido da marcha, dun material que cede co peso do coche se a dirección é correcta. É un sistema sinxelo e barato e -chancea-  con que así son os mellores inventos, "como a bóla do boli bic". A Pato de Laxe quédalle aínda maxín para seguir mellorando o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade