Publicador de contidos
Publicador de contidos

Patrimonio, tradición e natureza, atractivo turístico da aldea de Puxedo, no Xurés

Patrimonio, tradición e natureza, atractivo turístico da aldea de Puxedo, no Xurés

Cando remate o ano contará con cinco aloxamentos turísticos con capacidade para unhas 30 persoas

Os veciños elaboraron o seu propio plan de ecoturismo para xestionar adecuadamente a demanda

G24.gal 01/09/2024 15:42

Luisa e Juan son de Badaxoz e levan unha semana aloxados nunha casa rural en Puxedo. Coñeceron a aldea a través de Internet e quedaron abraiados pola recuperación do seu patrimonio, e agora tamén pola amabilidade das súas xentes.

Neste intre están operativos tres aloxamentos, 18 prazas, e a ocupación foi do cen por cento no que levamos de verán, cunha alta demanda tamén en setembro e mesmo en outubro, como destaca unha das propietarias, Celsa Paz.

En pleno corazón do Xurés, esta aldea decidiu apostar, hai máis dunha década, pola recuperación e posta en valor do patrimonio material e inmateiral con actividades, rutas ou museos que a converten en visita obrigada para moitos e levaron a rehabilitación dunha ducia de casas. Unha delas foi a que mercou Rui. É de Filgueira da Foz, en Portugal. Veu de vacacións a Puxedo e quedou fascinado pola aldea.

Abrirá como aloxamento nuns meses, igual que outra casa, e elevaran a 30 prazas a oferta turística nesta aldea de medio cento de veciños. O presidente da Asociación veciñal, Pablo Rodríguez, destaca a crecente demanda dun turismo máis sosegado, en contacto coa natureza e que valora e respecta as tradicións.

Para canalizar esa demanda, deseñaron o seu propio plan de ecoturismo para a aldea, con proxectos de mobilidade sostible e bioconstrución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade