Patronal e sindicatos do transporte de viaxeiros volven negociar antes da folga indefinida
Patronal e sindicatos do transporte de viaxeiros volven negociar antes da folga indefinida
A partir do luns os traballadores, que piden a actualización dos convenios e unha mellora salarial, están chamados a un paro indefinido
Dede a patronal pídenlle á Xunta de Galicia unha revisión dos contratos de concesión
Milleiros de pasaxeiros quedaron sen servizo o pasado 31 de marzo pola folga do sector do transporte de viaxeiros por estrada. Unha situación que podería volver a producirse a partir do luns se non avanzan as negociacións.
Desde a patronal din que os gastos derivados da suba de prezos superan o 15 % e pídenlle á Xunta de Galicia unha revisión dos contratos de concesión.
Os traballadores desconvocaron a folga da semana pasado ao conseguir un primeiro acordo na suba do IPC. Os sindicatos iniciarán un paro indefinido a partir do oito de maio se non avanzan nos seus obxectivos.