Cargando resultados...
Patxi López defende a Chaves e Griñán: "O que fixeron foi axilizar uns trámites"
Patxi López defende a Chaves e Griñán: "O que fixeron foi axilizar uns trámites"
G24.gal
27/07/2022 17:06
Seguen as reaccións despois de que o Supremo ratificara as condenas a Griñán e Chaves pola fraude dos ERE. No PSOE din que acatan a sentenza, pero que tamén os entristece. E insisten na inocencia dos expresidentes andaluces.
Patxi López, voceiro socialista no Congreso, enfatiza que non se lucraron nin financiaron o seu partido con ese diñeiro, "sinxelamente, o que fixeron foi axilizar uns trámites para que o diñeiro dos ERE chegase moito mellor, moito máis fácil, ás empresas e ás persoas que o precisaban".