Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paula Prado acusa a Sánchez de non cumprir con Galicia

Paula Prado acusa a Sánchez de non cumprir con Galicia

A secretaria xeral do PPdeG di que o Goberno central é o Goberno do non
G24.gal 11/11/2022 12:14

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, di que o Goberno de Pedro Sánchez é o Goberno do non e que non cumpre con Galicia. 

Nun acto co candidato popular á alcaldía da Coruña, Prado acusou o Executivo central de non axilizar a xestión dos fondos europeos e das infraestruturas pendentes na nosa comunidade.  O que fai que proxectos como o de Altri ou Stellantis, que supoñen dez mil postos de traballo, estean paralizados. Asegurou que cada dous días vén un ministro a Galicia pero que non están implicados nos problemas dos galegos. 

A secretaria xeral tamén anunciou que o PPdeG vai presentar unha moción en todos os concellos e no Parlamento galego para que non se leve a cabo a reforma do delito de sedición que anunciou onte Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade