Pazos de Arenteiro recrea a súa vitoria contra o exército de Napoleón en 1809
Pazos de Arenteiro recrea a súa vitoria contra o exército de Napoleón en 1809
Foi aló polo 1809 cando os soldados franceses do exército de Napoleón chegaron a Pazos do Arenteiro. Lonxe do que cabía esperar nesta loita desigual, os veciños, liderados polo capitán Cachamuíña, foron quen de plantarlles cara e obrigalos a retirarse. Toda unha fazaña que cobra vida nas rúas da aldea unha vez o ano. Arredor de 300 persoas participan nesta recreación histórica que se prolonga durante toda a fin de semana.
Esta historia arranca en marzo do 1809 cando o mariscal Soult manda as súas tropas entrar en Pazos de Arenteiro. Pero a benvida non foi como esperaban. A batalla librouse en moitas frontes e todos puxeron da súa parte para repeler o ataque francés.
O ataque dos soldados de Napoleón levou por diante moitos dos veciños. Algúns detidos, moitos executados. Pero segundo recolle a historia, o certo é que trescentos veciños de Pazos de Arenteiro foron quen de derrotar un milleiro de soldados franceses.
A batalla final ten lugar este domingo coa vitoria definitiva dos galegos. Unha fiestra aberta ao pasado para coñecer de preto a nosa historia.