Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Festa do Queixo do Cebreiro bateu todas as marcas de asistencia grazas o tempo solleiro

A Festa do Queixo do Cebreiro bateu todas as marcas de asistencia grazas o tempo solleiro

Ademais do queixo, houbo artesanía e produtos da terra

G24.gal 07/04/2023 13:53

Feito con leite de vaca, de pasta branca e branda e textura granulosa. Así é o queixo do Cebreiro, o protagonista da Feira en Pedrafita. Un manxar exclusivo de Galicia que se consume fresco ou curado e que combina con todo tipo de pratos. Non é de estrañar que milleiros de persoas se achegaran a degustalo.

Esta é unha edición que bateu a marca de asistentes grazas en boa medida o tempo solleiro. Ademais do queixo da montaña luguesa tamén había na feira multitude de produtos artesáns e da terra, así como queixos doutras zonas de Galicia e España. Os asistentes puideron gozar dunha feira cada ano máis concorrida.

A carpa da feira e as naves lindeiras quedaron pequenos para acoller unha feira na que, como é lóxico, non faltaron o polbo e o churrasco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade