Pedrafita amósase dividida polo novo ramal da A-6
Pedrafita amósase dividida polo novo ramal da A-6
A nova vía estará funcionando mentres duren os traballos para amañar o viaduto do Castro
Primeiro día laborable tras a apertura do novo ramal da A-6 que evita que os vehículos que van en dirección Madrid circulen polo centro de Pedrafita. Un desvío que foi acollido con alegría por moitos veciños porque reduciu á metade a densidade de tráfico. Din que non era normal que circulasen por esta estrada dez mil vehículos ao día.
Pero non todo o mundo pensa igual. Malia que o tráfico que vén dende Madrid seguirá circulando polo centro da vila, son moitos os que din que o desvío converterá Pedrafita nunha vila pantasma.
A nova vía estará funcionando mentres duren os traballos para amañar o viaduto do Castro, que colapsou en xuño e obrigou a cortar a autovía.