Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Nuno Santos é o novo líder socialista en Portugal

Pedro Nuno Santos é o novo líder socialista en Portugal

O sucesor de António Costa procede da ala máis esquerdista do PS de Portugal

Gañou as primarias do seu partido co apoio do 62 por cento dos votos

O novo líder socialista quere gañar as lexislativas do próximo 10 de marzo

Pedro Nuno é un economista de 42 anos, representante da ala máis esquerdista do PSP
G24.gal 17/12/2023 12:47 Última actualización 17/12/2023 14:23

O novo secretario xeral dos socialistas portugueses, o economista Pedro Nuno, gañou as primarias do seu partido co apoio do 62 por cento dos votos.

Pedro Nuno sucede a António Costa, que dimitiu como xefe do Goberno portugués

Pedro Nuno convértese deste xeito no sucesor de António Costa, o actual xefe do Goberno en funcións que dimitiu dos seus cargos despois da apertura dunha investigación por presunta corrupción, que finalmente quedou en nada.

O novo líder terá que afrontar tres procesos electorais nos próximos meses

O novo dirixente socialista portugués procede da corrente máis esquerdista do seu partido. Foi ministro de Infraestruturas e Transportes, e agora marca como obxectivo principal gañar as eleccións lexislativas que se celebrarán en Portugal o dez de marzo do ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade