O PPdeG destaca a fortaleza do proxecto de Rueda, "dunhas propostas realistas"
O PPdeG destaca a fortaleza do proxecto de Rueda, "dunhas propostas realistas"
O vicesecretario de Organización Territorial do PP, Miguel Tellado, tomou a palabra para a contrarréplica
O voceiro do PPdeG, Pedro Puy, defendeu a investidura de Alfonso Rueda: "Coa fortaleza que nos dan trece anos de xestión repetidamente avaliada polos galegos. A fortaleza que nos dan a unión en torno ás ideas moderadas, reformistas e galeguistas que o candidato presentou no seu discurso. A unión que as dúas oposición na Cámara en base a súa experiencia interna son incapaces de comprender. A fortaleza que dá a viabilidade dunhas propostas realistas, enmarcadas na ilusionante tarefa en que o candidato e todos os que acompañamos neste camiñar estamos comprometidos".
Puy, criticou a "debilidade" que mostran os grupos da oposición por tentar "roubar" o debate de investidura ao candidato Alfonso Rueda, ao expoñer os seus programas alternativos para gobernar cando non lles corresponde.
O voceiro do PPdeG ve as críticas da oposición por esta sucesión de Alberto Núñez Feijóo como un intento de "socavar" o sistema de democracia parlamentaria, fronte á "estabilidade institucional" que supón Rueda, cunha "fortaleza" que deriva tanto das súas ideas "moderadas e galeguistas" como das súas propostas "realistas".
"Alfonso, felicidades, os que te coñecemos sabemos que reúnes coñecemento, experiencia, vontade e talento precisos para darlle continuidade ao proxecto inacabable de facer de Galicia un país mellor", concluíu Puy, antes de expresar o "apoio e lealdade" do grupo parlamentario e de "miles de galegos", convencidos de que como novo presidente dará "o mellor de si e estará á altura".