O Goberno estima que unhas 50.000 persoas poderán beneficiarse dos avais á compra de vivenda
O Goberno estima que unhas 50.000 persoas poderán beneficiarse dos avais á compra de vivenda
Sánchez reúne o sector inmobiliario para pesentarlle a política de vivenda do Executivo
Podemos rexeita a proposta de Sánchez de avalar parte da hipoteca dos mozos
O presidente do Goberno reuniu na Moncloa os axentes implicados no sector inmobiliario para marcar as liñas futuras da vivenda en España. O encontro produciuse despois de que Pedro Sánchez anunciase unha liña de avais de ata o 20 por cento da hipoteca dunha primeira vivenda para mozos e familias con nenos.
"Nun primeiro cálculo situamos que pode haber unhas 50.000 persoas beneficiadas. O que queremos con esta liña de avais é facer posible que esas familias ou mozos poidan dispoñer do aval do ICO para anticipar esa entrada", explicou a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.