Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez reunirase co presidente da Generalitat antes das vacacións de verán

Pedro Sánchez reunirase co presidente da Generalitat antes das vacacións de verán

O Goberno central e o catalán retoman o diálogo roto tras o caso Pegasus

G24.gal 22/06/2022 20:22

O Goberno central e o catalán retoman o diálogo que se rompera tras o caso Pegasus, tras saír á luz escoitas telefónicas a varios líderes independentistas.

O ministro da Presidencia e a conselleira do ramo da Generalitat reuníronse esta tarde para sentar as bases das novas relacións políticas e institucionais entre ambos os gobernos.

Da xuntanza saíu o compromiso de que Pedro Sánchez e Pere Aragonés manterán unha xuntanza proximamente, antes das vacacións do verán.

O ministro Félix Bolaños recoñeceu que segue habendo discrepancias importantes sobre como se pechou o caso da espionaxe.

"Eles consideran que non fixemos suficiente. Aí si que persisten aínda discrepancias", asegurou.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade