A policía intervén nunha pelexa nun establecemento lugués denunciado pola veciñanza
A policía intervén nunha pelexa nun establecemento lugués denunciado pola veciñanza
Din que as leas e os ruídos son continuos polo que piden o seu peche
O dono do establecemento asegura que xa está a tomar medidas
A veciñanza do barrio lucense de Recatelo está preocupada polos continuos incidentes provocados a raíz da apertura dun local na zona. O último foi unha pelexa esta mesma fin de semana na que tivo que intervir a policía.
Nas imaxes que están a circular polas redes sociais apréciase como varias mozas resolven as súas diferenzas a base de golpes, mentres outras persoas intentan separalas sen moito éxito.
A xente que vive na contorna di que as leas e os ruídos son continuos dende que o establecemento abriu hai catro meses e xa denunciou a situación.
O xerente do local asegura que non desexa ter problemas coa veciñanza e que está a tomar medidas, como controlar o nivel de ocupación, para evitar o balbordo da clientela.