A aldea de Penouta recupera o seu tradicional Entroido
A aldea de Penouta recupera o seu tradicional Entroido
As comparsas e as disputas son os eixes desta celebración
O home das esquilas volveu percorrer a aldea de Viana do Bolo
Vólvense escoitar os versos da disputa de Penouta, unha tradición recuperada polos veciños despois de décadas esquecida. Hoxe van sonar estas e outras rimas nunha xornada que comezou coa ronda, como se coñece o desfile da comparsa co protagonismo para os músicos, o home das esquilas ou a señorita pretendida.
Os máis vellos do lugar agradecen o esforzo da xente nova por recuperar un Entroido que caera no esquecemento. Din que agora é menos traballoso e menos concorrido pero que o importante é manter o espírito e a tradición e desfrutar ao máximo.
O home das esquilas ou esquileiro é unha figura central deste entroido, cun traxe de moito peso e dificultosa elaboración. En Penouta lembran que non se debe confundir co boteiro de Viana.
Música, regueifa, disputas e, por suposto, xantar e beber continuarán toda a tarde nun día que tamén ten Entroido no lugar de Punxeiro.