Cargando resultados...
Pepita, unha porca atípica que acompaña o seu dono no paseo cotián
Pepita, unha porca atípica que acompaña o seu dono no paseo cotián
Pepita ten uns sete meses e, segundo o dono, pesa uns oitenta quilos
Ramón de paseo coa porquiña Pepita
G24.gal
19/11/2021 14:00
A porca, de nome Pepita, ten uns sete meses e, segundo o dono, pesa uns oitenta quilos. Vive en Ponteceso canda outros animais e, á parte do seu gusto polo baño aínda que a mañá estea fría, a súa conduta ten outra singularidade: acompaña o seu dono a xeito de mascota no paseo cotián.
Explica Ramón, o dono da porquiña que Pepita tamén lle axudou para poder desprazarse nos períodos de confinamento. Reside no municipio de Cabana e ten os animais no concello veciño.
Aínda así, non ten dúbida de que a mascota ten os meses contados. Di que nunca tivo can e, ao respecto, sostén que os porcos superan en intelixencia os cans e relata vivencias con Pepita.