Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela completa a temporada perfecta co título de liga

O Burela completa a temporada perfecta co título de liga

O equipo da Mariña superou o Futsi no segundo partido da final logo de impoñerse na quenda de penaltis (2-2 ao final da prórroga)

G24.gal 24/06/2023 21:34

O Burela é o campíon da Liga 2022-2023. Cuarto título nesta temporada de soño para as laranxas.

Partido sufrido, que arrancou mal. Cun Burela ansioso e cun Futsi Navalcarnero coas ideas máis claras. A primeira parte foi das madrileñas que se adiantaron por medio de Becha e lograron tamén o segundo grazas á potencia da xogadora arxentina. Mais ao fío do descanso marcou o Burela. Gran pase de Peque para a chegada de Dany. Gol crucial, deses psicolóxicos que traen confianza.

O do segundo tempo foi outra historia e así foi porque o Burela saiu máis asentado e físicamente amosou que estaba mellor que o seu rival. Patricia empataba para as laranxas ao pouco de arrancar. No que quedou e na prórroga o Burela acumulou opcións mais a estelar actuación da porteira do Futsi mandou o choque aos penaltis.

E aí decisiuse no lanzamento de Ame Romero, o único erro do Futsi. E no pleno galego, rubricado no quinto penalti por Jenny. Festexou Burela, chorou o Futsi e tamén vimos bágoas na faciana de Peque, a capitá do Burela. Por ser a súa despedida. Emblema. Lenda que marcha do mellor xeito, abaneando a súa quinta Liga vestida de laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade