Percorre España en moto para visibilizar a esclerose múltiple
Percorre España en moto para visibilizar a esclerose múltiple
Forma parte dun soño, pero tamén da reivindicación de máis servizos
Prudencio Macías percorre España en moto desde Xerez. Partiu hai 90 días e malia a súa esclerose múltiple viaxa só e pretende difundir a súa doenza e as necesidades que teñen os afectados. A súa viaxe tamén forma parte dun soño persoal.
Aos seus 52 anos tivo que deixar de traballar este mes de xaneiro. Agora quere que as administracións incrementen o seu apoio a esta enfermidade que precisa moita atención, que en moitas ocasións reciben de asociacións ou organizacións altruístas.
Hoxe estivo en Vigo visitando AVEMPO, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple, durmiu en Ourense, onde atopou a moto cuberta de xeo. Mañá visitará Compostela e o 3 de febreiro culminará na casa, en Xerez. Moitas das súas vivencias e dos seus anfitrións lévaas escritas en seis cadernos de viaxe.