Publicador de contidos
Publicador de contidos

Peregrinar a Santiago no inverno: menos concorrido e máis prazas libres para reservar

Peregrinar a Santiago no inverno: menos concorrido e máis prazas libres para reservar

A mochila de inverno é máis pesada, ao levar extras para facerlle fronte á climatoloxía  

Tres peregrinos gaditanos que fan esta semana o Camiño Portugués con bo tempo
G24.gal 10/02/2023 19:37 Última actualización 10/02/2023 21:43

Os que xa fixeron o Camiño de Santiago noutras estacións do ano din que no inverno a peregrinación faise máis íntima, sobre todo, pola pouca afluencia de peregrinos nas rutas.

Menos concorrencia e, sobre todo, máis tranquilidade á hora de reservar comedor ou cuarto, aínda que moitos negocios pechen nestes meses para descansar.

Só por iso a algúns peregrinos xa lles compensa facelo co frío malia que necesiten unha mochila máis grande con roupa extra para non ter sorpresas coa climatoloxía.

O maior problema é que certos lugares con neve e frío vólvense perigosos. Estar en forma é máis ca necesario xa que os esforzos poden ser máis acusados polas condicións do terreo e chegan as bochas, as escordaduras, etc.

Aos que o fan esta semana acompañounos un tempo espléndido e non pasaron nada de frío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade