Cargando resultados...
Controlado o incendio forestal das Pontes de García Rodríguez
Controlado o incendio forestal das Pontes de García Rodríguez
Segundo Medio Rural, a superficie afectada ronda as 23 hectáreas
G24.gal
09/04/2023 12:24
Última actualización 09/04/2023 19:52
O incendio forestal rexistrado este domingo nas Pontes de García Rodríguez quedou controlado ao redor das 18:20 horas, segundo informa a consellería do Medio Rural. A estimación provisional de superficie arrasada mantense en 23 hectáreas.
O foco orixinouse ao fío das 5:30 horas da madrugada na parroquia do Freixo. Nos traballos de extinción participaron catro axentes, catorce brigadas, oito motobombas, unha pa, dous avións e outros tantos helicópteros.
A zona afectada é, sobre todo, monte baixo e as lapas non se aproximaron ás vivendas. Porén, o vento dificultou as tarefas do operativo.