Publicador de contidos
Publicador de contidos

Persoal do CEMMA volve ao Freixo para tratar de sacarlle o arpón a Manoliño

Persoal do CEMMA volve ao Freixo para tratar de sacarlle o arpón a Manoliño

Nas augas do peirao tratan de conducir o animal cara a unha rampla para sacalo da auga e poder proceder á intervención

G24.gal 01/11/2022 14:15 Última actualización 01/11/2022 15:44

Persoal da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) regresou este martes ao porto do Freixo, no concello de Outes, para intentar sacarlle o arpón que ten cravado o golfiño Manoliño.

Polo momento, o dispositivo traballa para intentar conseguir sacar da auga o animal e trata de conducilo desde onde se encontra a unha rampla do peirao onde xa teñen todo listo para facerlle a intervención que o libere desa variña metálica que alguén lle cravou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade