Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen dúas persoas en Ferrol como presuntos autores dun delito de furtivismo

Deteñen dúas persoas en Ferrol como presuntos autores dun delito de furtivismo

Posuían unha depuradora ilegal e capturaban polbo utilizando lixivia

Os furtivos utilizaban a lixivia para obrigar aos polbos a saír da súa guarida
G24.gal 22/06/2022 14:50

O equipo de Resposta Rápida da Policía Autonómica xunto cos gardacostas de Galicia levaban xa dende o mes de novembro investigando posibles casos de furtivismo na ría de Ferrol. A incautación de 800 quilos de ostras foi o comezo da operación Salitre contra o furtivismo na ría de Ferrol.

 "De ahí empezamos a mirar o que había. Había bastantes queixas das confrarías de Ferrol polo tema do furtivismo, esa eiva que hai aí e levounos ata un baixo que estaba en Narón onde había unha depuradora ilegal, onde esta xente se dedicaba de noite cos equipos de submarinismo pois a arrasar todo o que atopaban neste tema. Nese rexistro dese baixo atopamos unha cámara e nesa cámara atopamos as probas da pesca do polbo con ese líquido que é tan agresivo que fai que o polbo abandone a seguridade da cova", informa Fernando Molina, xefe do grupo Erpol da Policía Autonómica.

O resultado da operación foron dous detidos, os responsables da depuradora ilegal. Ademais da imputación por presuntos delitos contra e a flora e a fauna, estes dous furtivos terán que responder tamén por falsidade documental e por defraudación do fluído eléctrico xa que para o funcionamento da depuradora roubaban a luz á comunidade do edificio.

O que comezou cun indicio de que había unha importante actividade pesqueira ilegal, está resultando ser un duro golpe contra o furtivismo na ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade