Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden a destilación de crise na Ribeira Sacra

Piden a destilación de crise na Ribeira Sacra

Esta medida xa se aplicou noutras denominacións de orixe

As adegas reciben unha compensación e o viño destínase a fins industriais

G24.gal 09/05/2024 14:48

A chamada destilación de crise, que xa se levou a cabo en denominacións como A Rioxa, chega agora á Ribeira Sacra. Descendeu o consumo de viño tinto, hai cantidades que non teñen saída comercial e a Xunta solicitou ao ministerio aplicar esta medida. Consiste en retirar produto do mercado. As adegas reciben unha compensación e o viño debe ser destinado a uso industrial ou con fins enerxéticos.

"É un problema puntual que se deu debido á pandemia, onde ao non haber festas baixou o consumo. Tamén é posible que a inflación crecente faga descender as vendas do viño e pedímoslle ao Ministerio de Agricultura esa sensibilidade con Galicia que nunca pedira a destilación", sinala María José Gómez, Conselleira do Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar