Publicador de contidos
Publicador de contidos

As defensas de dous implicados na violación grupal de Sarria piden a súa liberación

As defensas de dous implicados na violación grupal de Sarria piden a súa liberación

Aseguran que as imaxes do pub recollen que a vítima só entrou cunha amiga no baño

Os feitos ocorreron a finais de setembro, e a muller estaba inconsciente

G24.gal 21/10/2023 20:44 Última actualización 21/10/2023 20:58

No caso da presunta violación grupal en Sarria, as defensas de dous dos implicados van pedir a súa posta en liberdade.

Di o avogado dun dos acusados que as imaxes da cámara que enfoca cara ao baño onde supostamente tivo lugar a agresión sexual mostra que a muller entrou en dúas ocasións, pero só acompañada dunha amiga. Mantén que a acusación podería ser falsa.  

Os avogados xa presentaron un recurso ante a Audiencia Provincial para pedir o arquivo da causa. A presunta violación tivo lugar nun pub de Sarria a finais de setembro e a vítima, que estaba inconsciente no momento da agresión, presentou a denuncia días despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade