Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden a reapertura dun desvío da N-542 en Betanzos para evitar ter que dar arrodeos

Piden a reapertura dun desvío da N-542 en Betanzos para evitar ter que dar arrodeos

Os veciños do Farragoto queren recuperar o acceso que tiñan antes da última sinalización da estrada de Betanzos ao Mesón de Vento

Coa situación actual tríplicase a distancia que hai desde Betanzos ao lugar en coche

 

G24.gal 02/02/2024 15:05

Betanzos está a menos dun quilómetro do punto no que os veciños do Farragoto teñen o desvío que vai ata o lugar desde a nacional 542. Pero cando soben desde a vila non poden facer o xiro porque a última sinalización da estrada non o permite.

"Antigamente podíase subir por aquí, pero hai uns anos viñeron pintar a estrada e puxeron liña continua e non se pode pasar".

Os afectados pediron desde un principio que se modificara a sinalización e acaban de levar de novo a demanda ao Concello de Betanzos. 

"Pedimos poder facer un xiro e aquí teñen o espazo suficiente para poder facer calquera acceso porque todo este terreo é de obras públicas".

O Concello trasladoulle á Xunta, que é a responsable da vía, a demanda dos veciños para recuperar o desvío.  

Os veciños din que hai moito terreo público dispoñible para buscar unha solución Os veciños din que hai moito terreo público dispoñible para buscar unha solución
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade