Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden axuda para localizar o mozo desaparecido na Coruña

Piden axuda para localizar o mozo desaparecido na Coruña

O mozo, de 19 anos, está desaparecido na Coruña desde o 8 de xullo

O seu teléfono leva apagado oito días

G24.gal 16/07/2024 13:56

"O teléfono ao que chama non está dispoñible nestes intres".

É a resposta que obteñen os familiares de Tomás Trillo cada vez que intentan falar con el por teléfono.

"O luns, pola noite de aquí, mandoulle mensaxes á miña nai. Despois intentou falar con el e xa non foi posible", explica Micaela Trillo, a irmá.

Desde entón, hai oito días, non volveron saber nada del. Micaela é a única persoa da familia que Tomás ten en España. Ela foi vivir a Betanzos hai dúas semanas, pero Tomás quixo quedar na Coruña. E agora teme pola súa seguridade.

"Non ten ingresos e tampouco coñece ben a cidade. Chegou desde Uruguai o pasado mes de febreiro", engade Micaela.

Micaela conta que a Tomás lle gusta moito patinar. Que era habitual velo pola zona dos Rosales, Catro Camiños ou polo paseo marítimo.

Os seus búscano desesperadamente. Tomás ten 19 anos, ollos castaños, mide aproximadamente un metro setenta e é de complexión delgada.

"Que se comunique con nós pola vía que sexa". É a mensaxe que lle envía a súa irmá. Ademais, pide que, se alguén cre ter datos de Tomás, chame ao 112 ou á policía para contalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade