Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden responsabilidades a Navantia polo accidente laboral no estaleiro de Fene

Piden responsabilidades a Navantia polo accidente laboral no estaleiro de Fene

Os comités de empresa de Fene e Ferrol din que a subcontratación está empeorando as condicións laborais

Día de loito nos estaleiros de Navantia en Fene e Ferrol polo accidente do sábado
G24.gal 22/05/2023 12:45

Xornada de loito nos estaleiros de Navantia en Fene e Ferrol pola morte do traballador de Windar falecido o sábado en accidente laboral na planta de Fene. Os comités de empresa das dúas fábricas piden depurar responsabilidades aos máximos responsables de prevención da empresa pública e da compañía afectada.

Din que non se están potenciando áreas como o departamento de prevención e enfermería e aseguran que a subcontratación de Navantia está detrás deste sinistro.

O cadro de persoal está formado por 25 persoas, pero os comités descoñecen o número de traballadores de empresas auxiliares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade