Piden un bar en Gomesende despois de que pechara o último hai dous anos
Piden un bar en Gomesende despois de que pechara o último hai dous anos
A veciñanza reclama a cesión dun centro social con cafetería para facer vida en comunidade
Sen bares, como di a canción “que lugares”, non poden nin tomar un café, nin xogar a partida nin verse e conversar. É o que quere a veciñanza de Gomesende, que pide ao Concello que lles ceda a antiga casa do médico para poder abrir un centro social que faga tamén de cafetería. Hai xa dous anos que pechou o último bar deste concello ourensán.
Gomesende non chega aos 700 habitantes. Lembran os máis maiores deste municipio ourensán que chegou a haber ata 4 tabernas agora piden un bar porque non teñen ningún.
Para ir a unha cafetería teñen que achegarse aos concellos lindeiros, porque nos case 30 núcleos de poboación de Gomesende non contan con ningunha dende hai xa dous anos.
Un soño o destas veciñas e veciños poder ter un lugar a cuberto no que tomar algo, pero sobre todo xuntarse.
Dende o Goberno local informan de que polo momento non van ceder este inmoble no que pretenden facer unha vivenda social, pero cren que si é necesario un bar e que unha boa localización sería no edificio multiúsos.