Cargando resultados...
Veciños do Temple, na Coruña, piden unha rotonda no acceso á AP-9
Veciños do Temple, na Coruña, piden unha rotonda no acceso á AP-9
A infraestrutura está pendente de construción desde hai anos
G24.gal
18/04/2023 14:45
Veciños do Temple, no concello coruñés de Cambre, reclaman a instalación dunha rotonda no acceso á autoestrada AP-9 para aliviar a situación nun dos puntos de maior conexión de tráfico da área metropolitana da Coruña.
Os problemas do tráfico e atascos na costa da Tapia prexudican os veciños de Cambre, Oleiros e Culleredo. Un tráfico que se incrementou nesa zona por mor das obras da Nacional VI.
Ao longo de toda esta semana estarán recollendo sinaturas para pedir a construción dunha rotonda no acceso da AP-9 no Temple que axude a alixeirar o tráfico en toda esta zona.